Galiciencia: Parabéns a Manuel Porto


A próxima semana, entre os días 16 e 18, celébrase a undécima edición de Galiciencia no Tecnópole de Ourense. Entre os seleccionados está Manuel Porto, alumno de 1ºBach do noso centro, que presenta o seu traballo “Cada pinga conta: deseño dun prototipo para o aforro de auga no fogar”.

Son 35 os centros escolares de Galicia, Asturias, Cataluña e País Vasco que participan nesta ocasión na feira científica máis importante de Galicia, que conta co apoio da Consellería de Economía e Industria e da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía.

O dispositivo deseñado e programado por Manuel pretende facernos conscientes da importancia de pequenas accións que poden axudar en todo o relacionado co aforro enerxético. Na súa reflexión sobre o gasto diario de auga na ducha, formula un dispositivo programado con Arduino, que por medio dun sensor recolle e monitoriza a información, mostrando ao usuario a auga empregada. Ao chegar a un certo nivel, emite un sinal luminoso e soa para avisarnos de que o corte de auga se vai producir.

 

O proxecto, desenvolvido desde a materia de Tecnoloxía Industrial, profundiza e dá un paso máis alá nos propios contidos da materia impartida.
Transmitimos a Manuel o noso apoio nesta experiencia e esperamos que goce desta oportunidade.

Link da nova na web El correo gallego.