Erasmus + Vídeos das reunións de outubro 2020

Estamos de volta e tan ilusionados coma sempre, aínda que lidiando coas dificultades propias dos nosos tempos.
Queremos amosarvos estes vídeos que preparamos nos encontros do mes de outubro: queren ser un saúdo para as nosas escolas amigas en Bad Nenndorf (Alemaña), Varsovia (Polonia) e Champagnè (Francia), colexios cos que seguimos inmersos na aventura do noso proxecto FOCUS.

Ler máis...

XVIII Xornadas eu Podo ti Podes Podemos

Celebramos un ano máis as xornadas de sensibilización sobre a diversidade, as XVIII Xornadas eu podo ti podes podemos, desta vez de forma telemática, con diferentes actividades e encontros dende Ed. Infantil ata Bacharelato!

Estarán con nós, nas charlas para ESO e Bacharelato: Susana Rodríguez Gacio, médico e campiona paraolímpica de triatlón, Adiaratou Iglesias Forneiro, atleta paraolímpica, persoas usuarias da asociación ASPACE e FADEMGA.

Ler máis...

Semaine de la Francophonie 2021


Un ano máis os alumnos e alumnas do colexio celebran a Semaine de la Francophonie facendo diversas actividades dende 1º ata 4º da ESO sobre a lingua e cultura francófona.
 

Visita de Fausto Isorna e Gemma Sesar

O pasado martes 23 de marzo, en relación ao novo proxecto no que están a traballar os alumnos e alumnas de Educación Plástica, Visual e Audiovisual de 4º da ESO, "creación dun álbum ilustrado", contaron coa visita de Fausto Isorna e Gemma Sesar, fundadores da Editorial Compostela #elpatitoeditorial, especializada na publicación de libro ilustrado. Fausto, deseñador gráfico e ilustrador, estivo a explicarlles, paso a paso, todo o proceso creativo dun álbum ilustrado.

Día de Rosalía De Castro

Hoxe, 24 de febreiro, celebramos o día de Rosalía De Castro. Dende o Equipo de Dinamización Galega, adicamos diferentes espazos do centro á homenaxeada, deste xeito, achegamos a figura da escritora.

Ver máis...

As ciencias escríbense en feminino

O pasado Xoves 11 de febreiro o alumnado de 5º e 6º de EP e o de 1º,2º e 3º da ESO participaron no evento online As ciencias escríbense en feminino organizado con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia e promovido polo Concello de Santiago de Compostela.

Ler máis...

2º Premio do certame de tarxetas de Nadal - Nadal Solidario

Unha das moitas actividades que realizamos en Nadal dentro do noso centro foi participar no CERTAME DE TARXETAS DE NADAL que oferta a ONG Mans Unidas.

Dende a entidade propuxéronnos invitar aos pequenos a pensar un pouco no que realmente é importante para celebrar no Nadal e, ademais, poñernos no lugar de todos eses nenos e nenas que viven dun xeito moi diferente ao noso simplemente porque naceron noutro lugar. Un lugar que chamamos países en vías desenvolvemento.

Ler máis...

Día da Paz 2021

E así celebramos unha das datas máis especiais no noso calendario, o día escolar da non violencia e da paz! Para que tod@s o podades ver, fixemos este vídeo recollendo todo o que aconteceu nun día cheo de diversión, baile, e paz. Inicia sesión na túa conta Educamos do colexio para ver o vídeo!

.

Ver o vídeo...

Manifesto pola Paz - 2021

Un manifesto preparado polos nosos alumnos e alumnas de Bacharelato, lembrándonos que o esencial, especialmente nestes días tan complicados que estamos a vivir, é manternos unidos, ser solidarios, e tender a man para buscar incansablemente a paz entre todos.

Feliz día escolar da non violencia e da paz!

Ver o vídeo...

SteamBach en proxectos de investigación

O noso alumnado de #StemBach de 1° e 2°Bach segue formándose e traballando nos seus proxectos de investigación. Estamos moi agradecidos aos titores dos centros de investigación @ciqususc @oncomet_ e da @UniversidadeUSC @UDC_gal @uvigo por todas as facilidades nesta situación.

Ver máis...

Vídeo sobre a COVID-19, Ed. Infantil

Despois dun trimestre de loita contra o coronavirus, os nenos e nenas de 6º de Ed. Infantil xa son uns entendidos na materia. Para difundir os seus coñecementos elaboraron este vídeo. 

Agardamos que vos sexa e utilidade para conter a covid-19.

#NonVasPoderConNós

Ver o vídeo...

Operación Kilobora 2020

 

Comezamos a Operación Kilobora deste ano, un ano complicado pola pandemia, a crecente crise social e económica, que aumentou a necesidade de axuda para moitas persoas e familias. Por isto, os nosos alumnos impulsan, coa colaboración do profesorado e das familias, a campaña deste Nadal para recoller alimentos que serán destinados a agrupacións de total confianza: Caritas, o Albergue para persoas sen fogar de Xoan XXIII e o programa Boa noite. 

Contamos coa vosa colaboración! Máis información no seguinte vídeo e o cartaz:

Ver máis...

Nena María 2020

Un ano máis voltamos a celebrar con todo agarimo e ilusión un día moi especial para nós, o día da Nena María.

E coma sempre, foi unha festividade en todo o colexio. Malia as precaucións que sempre temos presente debido a situación actual, fixemos moitas actividades, manualidades, cantamos, bailamos...

Aquí iremos subindo todas as fotos do día, xa que unha imaxe vale máis que mil palabras!

Ver máis...

Samaín e outono fashion week

O pasado venres 30 de outubro tivemos a nosa particular celebración do Samaín. Na etapa de Ed. Infantil celebrouse a 4º Edición da “Outono Fashion Week”, onde os nenos e nenas deseñaron os fisfraces máis terroríficos para as distintas personaxes con elementos típicos do outono, para logo exhibilos na pasarela.

Ler máis..

Comezo do curso 2020/21

B E N V I D O S!
Comezamos este curso con toda a ilusión de sempre, e con todas as medidas para que a volta ao cole sexa o máis segura posible, como podemos ver neste vídeo:
 
 

Primeira etapa da preparación dos talleres Erasmus +

Día de traballo no Grupo Erasmus do colexio.

Os nosos 24 rapaces e rapazas remataron hoxe a primeira etapa na preparación dos talleres que eles liderarán durante o encontro internacional que terá lugar en marzo de 2021 na nosa escola (onde acudirán 30 persoas provintes de Francia, Polonia e Alemaña).

Ler máis...

Xadrez en corentena

Durante estes meses alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria elaboraron voluntariamente diversos xogos de xadrez. O obxectivo era elaborar tanto o taboleiro como as pezas para poder xogar en familia ao longo da corentena.

Para iso empregaron todo tipo de material que atoparon pola casa; caixas de cartón, pastas para modelar, envases, tapóns, cápsulas de café... e por riba de todo moita orixinalidade.

Todos os participantes merecen un forte aplauso polo seu esforzo. Velaquí o seu traballo.

Ver máis...

ERASMUS+ MODERN ARCHITECTURE EXHIBITION

Ola que tal: durante o confinamiento seguimos traballando. Non foi fácil para os nosos rapaces e rapazas do proxecto FOCUS (a nosa iniciativa Erasmus+). Elas e eles prefiren traballar en grupos, ver as caras dos demais, compartir comida e chistes antes das reunións, pero entenderon a importancia de que o proxecto siga adiante. Agradécémosllo moito.

Ler máis...

Erasmus + - Weather station

Moi boas de novo: queremos compartir con vós este traballo que fixeron rapaces e rapazas do noso grupo Erasmus+, un traballo que esixiu estudo, aplicación do estudado (programas Tinkercard e Arduino), corrección de erros e despois reflexión sobre o traballado.

Ler máis...

Charla sobre o uso de internet impartida por Guillermo Cánovas

O alumnado de 1° e 4 °ESO asistiu a unha interesante charla, impartido por Guillermo Cánovas, sobre o uso que facemos de internet, redes sociais...no día a día. A través dunha autoavaliación os rapaces reflexionaron acerca do tempo e uso que fan das redes sociais, xogos... que se lles ofrecen en internet.
A charla foi organizada pola ANPA, a quen lle agradecemos a súa involucración e traballo.
Moitas grazas!

 

STEAM - Experimentos sobre o movemento ondulatorio

O pasado luns, os alumnos e alumnas de STEAM de Bacharelato realizaron unha experiencia sobre o movemento ondulatorio. Experimentouse cun tanque de ondas que permitía ver os frentes de onda planos, esféricos e os fenómenos de interferencia e difracción. O dispositivo foi cedido polo grupo de divulgación da Universidade de Santiago USCOSA.

Ler máis...

Erasmus + - Modern architecture exhibition video

Moi boas de novo: coma o prometido é debeda, aquí tedes con vós este vídeo na que os nosos rapaces e rapazas do Grupo Erasmus+ do colexio presentan os carteis que eles mesmos confeccionaron, algúns deles feitos coa información que lles subministraron os mesmos arquitectos estudados.

Esperamos que vos gusten e grazas por seguirnos.

Ver o vídeo...

Visita ó CIMUS - STEAM Bacharelato

Os alumnos e alumnas de STEAM bacharelato e anatomía visitaron o CIMUS para coñecer como se investiga no centro sobre parkinson no grupo UniStem Santiago de Compostela, metabolismo molecular e descubrimento de fármacos Innopharma.

Erasmus + Ecology and sustainability

Moi boas: xa de volta das vacacións, aproveitamos para explicarvos brevemente o traballo que estamos a facer no último mes e medio nas nosas reunións do grupo Erasmus+.
Durante este tempo pasado e nas seguintes semanas estamos traballando en tres liñas:

Ler máis...

Día do libro 2020

Os profes de ESO e Bacharelato comparten co alumnado as súas recomendacións de lectura con motivo do Día do Libro, que se celebrou o pasado xoves 23 de abril.

 

 

 

.

Ver o vídeo...

Día do libro Ed. Infantil

Con motivo da celebración do día do libro o 23 de abril, o profesorado de Ed. Infantil leulle o conto “Después de la lluvia” aos seus cativos/as. Unha fábula onde se destaca a superación ante as adversidades e a importancia da colaboración dos uns cos outros para superalas.

.

Ver o vídeo...

Día de traballo do Grupo Erasmus no colexio

Os nosos 24 rapaces e rapazas remataron hoxe a primeira etapa na preparación dos talleres que eles liderarán durante o encontro internacional que terá lugar en marzo de 2021 na nosa escola (onde acudirán 30 persoas provintes de Francia, Polonia e Alemaña).

Ler máis...

X Semana da Ciencia en Galego

Comezaron xa as actividades da X Semana da Ciencia en Galego, organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e os Departamentos de Ciencias e Matemáticas co apoio económico da ANPA do Colexio.
Traballamos xuntos en prol da ciencia en lingua galega, innovando e pensando sempre no bo proveito do alumnado.

Ver cartaz,,,

Concurso logos Erasmus +

Moi boas de novo: o proxecto FOCUS, o noso novo proxecto Erasmus+, segue avanzando coa axuda de gran parte do profesorado do noso colexio. Agora toca falar do Concurso do logo Erasmus+, coordinado polas profesoras Marina Paredes e María José Costa dende as súas materias de 4º de ESO e 1º de bacharelato respectivamente, un traballo de máis dun mes na aula, na que os alumnos estudaron as características que debe ter un bo logo, pensaron os seus logos dacordo coa información que recibiron do proxecto, e deseñaron os seus traballos.

Aquí compartimos con vós quen foron os premiados, preman no nome para descargar o logo:

Ver máis...

Operación KILOBORA

Participa nesta recolleita de alimentos que van destinados a Cáritas, Boa Noite e o Albergue Xoan XXIII.

Os nenos e nenas de diversas clases de Primaria do noso cole fixeron este vídeo para invitarte a colaborar. Escoita e actúa!

Ver o vídeo...

Encontro de voluntariado

Ola, moi boas: escribimos unhas liñas para falarvos do precioso encontro que celebramos rapaces e rapazas de Grupos Lestonnac e do Voluntariado colexial.
Como nos encontros celebrados o ano pasado, contamos cunha invitada, nesta ocasión Isabel Cid, alumna de 2º de bacharelato e voluntaria no programa Boa noite que atende a persoas sen fogar.
Foi moi interesante excoitar a razón pola que decidiu facer voluntariado no pasado e por que segue a facelo este ano.

Ver máis...

OUR KICK-OFF ERASMUS+ DAY

Moi boas de novo: agora toca falar do 24 de outubro, no que celebramos o lanzamento do proxecto no noso colexio.
Aínda que foi un día fermoso, no que o noso Grupo erasmus+ fixo moitas actividades interesantes, o certo é que o máis bonito foi ver como o organizaron nas reunións de traballo do 3, 10 e 17 de outubro.
Tendo claro que o éxito está no camiño, no día a día, e non no resultado final, si que queremos compartir con todos vós a creatividade, ilusión e competencia que derrocharon o pasado xoves 24 de outubro.
E fixérono mediante distintas actividades, en distintos espazos decorados polos propios integrantes do grupo:

Ler máis...

VI Andaina Solidaria

Outro ano máis o colexio e a FISC Galicia van a celebrar unha xornada de convivencia a VI andaina solidaria e o II Xantar benéfico co obxectivo de colaborar coa recaudación ao proxecto Solidario das institucións en Tanzania. Esperamos contar coa vosa colaboración e participacion!

Máis información e inscrición descargando este documento PDF.

Proxecto FOCUS: 3-10 de Outubro

Ola, moi boas: estamos en marcha: o grupo Erasmus+, formado por 24 rapaces e rapazas de 3º de ESO, empezou as súas reunións semanais o xoves 3 de outubro e, despois de dúas semanas de traballo, podemos adiantar xa un pouco do que están a facer.

Ler máis...

Grupos Lestonnac 2019/20

Xa están formados os GL! Traballamos xuntos marcando os nosos obxectivos para o presente curso.

OUR KICK-OFF ERASMUS+ DAY VIDEO

Moi boas de novo: nesta nova entrada aproveitamos para compartir este vídeo que amosa o traballo dos rapaces e rapazas do noso grupo Erasmus+ o pasado 24 de outubro, durante o Kick-off Erasmus+Day, o momento de presentación ao colexio do noso proxecto.

Esperamos que vos guste.

Igualmente, invitámosvos tamén a consultar o blogue no que explicamos o día a día do primeiro encontro internacional dos nosos rapaces e rapazas coas súas compañeiras e compañeiros polacos, franceses e alemáns, a semana do 17 ao 23 de novembro de 2019

Ver o vídeo...

Open Science Cambre 2019

Esta fin de semana celebrouse en Cambre o Open Science Cambre 2019, onde non perdimos a oportunidade de estar presentes.

Os rapaces e rapazas do noso colexio presentaron un modelo dun espectacular aeroesvarador, "hovercraft", que foi deseñado, montado e probado por eles mesmos co obxetivo de construír un vehículo versátil que poida introducirse en terreos complicados ou con condicións desfavorables onde un vehículo maior ou unha persoa non podería entrar. Grazas a todo este esforzo, acadamos o primeiro premio para Bacharelato nesta edición do evento!

Ler máis...

Prazas vacantes na actividade Escola de Idiomas

Quedan prazas vacantes na nova actividade que ofertamos, Escola de idiomas.

Os horarios de titoría son: Martes de 15.25 a 15.55h. e Mércores de 17.25 a 17.55h.

Podes descargar este arquivo PDF para máis información. Os boletíns de inscrición atópanse na portería do colexio. Débese poñer no boletín de inscrición a data de entrega.

 

 

 

Novo proxecto Erasmus + "FOCUS"

 
 
Tras rematar o proxecto "Come", comezamos unha nova andaina con "Focus", proxecto centrado no fenómeno urbano, considerando a evolución do mesmo e estudando novas formas de continuar esta evolución dunha maneira respetuosa co planeta e os seus habitantes.
 

Para máis información e novas relacionadas, podedes visitar a sección Erasmus + da nosa web.

Programación 1º ESO - Sumo

No último día da asinatura de programación deste curso, os alumnos e alumnas de 1º da ESO fixeron combates de robots Sumo, programando o seu robot para manterse o maior tempo na pista. Foi unha actividade moi entretida na que demostraron os coñecementos adquiridos!

Comeza o novo curso...

Comeza o curso escolar 2019-20 e desde o novo Equipo Directivo queremos dar a benvida a toda a Comunidade Educativa. Con toda a ilusión, apostando por un colexio aberto ás necesidades de cada alumno e alumna, de cada familia.

 

 

 

.

Ler máis...

Campus Verań Celta de Vigo 2019

Aberto o prazo de inscripción ao Campus Celta de Vigo '19! Non deixedes pasar esta oportunidade de desfrutar do deporte aprendendo valores, compañerismo, e con moita diversión.

Ler máis...

Vídeo Santa Xoana 2019

As festas de Santa Xoana deste ano foron, coma sempre, cheas de diversión e con grandes momentos. Para rematar o curso con máis forzas, lembremos cada momento que disfrutamos eses dous días!

 

Sistema de cultivo hidropónico 5º E.P.

Presentamos o proxecto que fixeron os alumnos e alumnas de 5º de Ed. Primaria na asinatura de horto.  Un sistema de cultivo hidropónico para cultivar hortalizas con auga. Non vos perdades a vídeo-reportaxe !

 

 

 

.

Ver o vídeo...

Intercambio de material escolar PIDE

O ANPA do colexio elaborou unha aplicación para facilitar a comunicación entre pais e nais a hora de intercambiar todo tipo de material escolar. Esta app chámase PIDE, e agardamos que sexa de moita utilidade para todas as familias do noso cole.

 

 

.

Ler máis...

FUN-TASTIC English Days

O Colexio Plurilingüe Compañía de María celebrará os días 2 e 3 de abril unhas xornadas de inmersión lingüística da lingua Inglesa. Partcipará todo o alumnado desde 3 anos ata bacharelato con diferentes actividades de participación e dinamización.

A decoración do centro neses días recordaranos os diferentes espazos do Reino Unido, e todo o colexio,alumnos e mestres, seremos partícipes e autores desta celebración que ten como fondo a énfase na importancia do coñecemento e da cultura desta lingua estranxeira.

Ler máis...

Charlas Maio 2019

CHARLAS maio de 2019

(2º Bacharelato)

20 maio...

12.45 h. A Medicina: unha vocación (Doctora Sabela Rodríguez)

Aula de 2º A Bacharelato

21 maio...

12.30 h. - Xornalismo e mundo empresarial (Dna. Verónica Iglesias, xornalista e empresaria)

Ler máis...

XLI Certame Artístico-Literario

Outro ano máis celebraremos o xa famoso Certame Artístico literario do noso colexio, onde agardamos que todos amosedes as vosas cualidades artísticas e creatividade. Animamos a todos os alumnos e comunidade educativa (Nivel G) a participar.

Este ano o título é: Unha vida sen reloxo.

Ver máis...

XVII Xornadas Eu podo, ti podes...Podemos!!!

Coma ben di o cartaz, a acollida non ten fronteiras, e un ano máis voltamos a celebrar as "Xornadas Eu podo, ti podes, podemos" no noso cole, onde en proxectos grupais intentamos poñernos na pel de persoas cunha realidade diferente a da moitos de nos, e onde vemos que cos valores de solidariedade e colaboración podemos acadar calquera meta.

 

Ler máis...

Encontro de voluntariado Febreiro 2019

En febreiro tivemos dous novos encontros do noso grupo de Voluntariado, que, como sabedes, está constituido por vintecinco rapaces e rapazas do colexio que colaboran semanalmente en distintas institucións da cidade.

Ler máis...

Instalacións do colexio

Sempre recomendamos unha visita a nosa sección de instalacións do colexio. Aquí poderedes ver imaxes de diferentes zonas do centro que irán actualizándose contínuamente.

Unha pequena fiestra para visualizar algo máis de preto o interior do cole.

 

Ir á sección de instalacións...

De volta ao cole!

Comezamos o segundo trimestre con moita ilusión e totalmente cargados de enerxía, sempre #conmigocontigoencompañía