Proxecto Educativo
|
O obxectivo de Santa Xoana de Lestonnac (1556-1640), fundadora da Compañía de María (Bordeus 1607), é educar ás xoves, “tenderlles a man”, e a través delas, incidir nas familias e na transformación da sociedade. A intuición educativa de Xoana de Lestonnac foise plasmando e facendo realidade ao longo da historia de formas diversas. Hoxe, catro séculos despois, contamos cun Proxecto Educativo que aúna tradición e novidade para seguir “tendendo a man”. Desde a visión cristiá da persoa e da vida, a Compañía de María fai unha proposta educativa propia, que pon o acento nuns elementos que a definen e dan valor:
Nos Colexios da Compañía de María, a educación ofrécese como servizo a través de educadores e educadoras que son testemuñas, coa súa palabra e a súa vida, dos valores e principios nos que se quere educar.
|