Visita de Fausto Isorna e Gemma Sesar

O pasado martes 23 de marzo, en relación ao novo proxecto no que están a traballar os alumnos e alumnas de Educación Plástica, Visual e Audiovisual de 4º da ESO, "creación dun álbum ilustrado", contaron coa visita de Fausto Isorna e Gemma Sesar, fundadores da Editorial Compostela #elpatitoeditorial, especializada na publicación de libro ilustrado. Fausto, deseñador gráfico e ilustrador, estivo a explicarlles, paso a paso, todo o proceso creativo dun álbum ilustrado.