Xadrez en corentena

Durante estes meses alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria elaboraron voluntariamente diversos xogos de xadrez. O obxectivo era elaborar tanto o taboleiro como as pezas para poder xogar en familia ao longo da corentena.

Para iso empregaron todo tipo de material que atoparon pola casa; caixas de cartón, pastas para modelar, envases, tapóns, cápsulas de café... e por riba de todo moita orixinalidade.

Todos os participantes merecen un forte aplauso polo seu esforzo. Velaquí o seu traballo.

 

https://padlet.com/xadrezciamsantiago/7gqdfxvfuu9w7prv