Curso inglés de ESO en Rush-Irlanda

Como é costume no noso centro, a principios de curso, do 4 ao 14 de setembro de 2022, 46 alumnos e alumnas de 4º de ESO participaron nun curso de aprendizaxe da lingua inglesa en Irlanda. 

As actividades con profesores nativos realizáronse polas mañás e polas tardes desenvolvéronse visitas a Dublín para coñecer a cidade con visita guiada e asistir a museos. Puideron ver a exposición de Dublinia, o museo de arqueoloxía, Collins Barracks, fixeron unha travesía polo río Liffey e estiveron na universidade  Trinity College. Realizaronse tamen excursión a Glendalough (nas montañas de Wicklow), a pobo costeiro de Bray e á cidade medieval de Kilkenny. 

Os estudantes estiveron aloxados en casas de familias irlandesas e participaron na vida das familias en Rush. Esta vila atópase a 30 km de Dublín na costa do mar de Irlanda con praias de area branca. 

Para moitos dos alumnos é a primeira vez que saen a o estranxeiro sen os seus pais e nais, resultando ser unha experiencia moi positiva e motivadora.

Fotos na nosa galería