Concerto na Igrexa do colexio

"Moi boas: temos o pracer de anunciarvos e invitarvos ao concerto que a orquestra californiana de mozos e mozas "Irvine Classical Players Chambers Orchestra" dará en Santiago de Compostela, na igrexa do noso colexio.

Dirixida por Georgette Poppa, busca dar saída ao talento musical que todos os nenos e nenas teñen, en palabras desta apaixoada muller que comezou con este proxecto hai case vinte anos.

Se queredes coñecer máis acerca da orquestra e o programa que interpretarán, podedes seguir esta ligazón.

Moitas grazas".