"PROJECT DAY E DESPEDIDA"

Ola, moi boas de novo.

Queremos compartir con vós a última reseña do noso proxecto FOCUS, que chega agora ao seu fin.
 
Project day: durante os días 14, 15 e 16 de xuño realizamos distintas actividades para finalizar o noso proxecto Erasmus+.
  • 20 ANOS DA CATÁSTROFE DO PRESTIGE: 17 rapazas e rapaces de 3º de ESO montaron e organizaron unha exposición na que mostraron o traballo realizado dende febreiro por todo o alumnado de 3º de ESO (axudados polo alumnado de tecnoloxía industrial de 1º de bacharelato). 

  • O Prestige foi un petroleiro que se afundiu fronte ás costas galegas en 2002, causando unha marea negra de 3000 quilómetros desde Lisboa, en Portugal, ata as Landas, en Francia. 

  • Prestamos atención á gran onda de solidariedade que se desenvolveu en España e Portugal. No proxecto FOCUS estudamos a cidadanía como base da democracia. Moitas persoas, procedentes de moitas cidades galegas, españolas e portuguesas, organizaron limpezas de praias, fundaron asociacións políticas e culturais... Presionaron e esixiron que os gobernos asumisen a responsabilidade e traballasen polo ben común. E estas asociacións continúan traballando en temas ambientais, culturais e políticos. A nosa exposición foi visitada por 300 estudantes de 1º a 4º de ESO.

  • MAIXABEL:  o alumnado de 4º de ESO veu a película Maixabel, que nos conta como o diálogo e o perdón son fundamentais para a construción da democracia. A película céntrase no fin da banda terrorista ETA, que ameazou a transición á democracia en España cos seus asasinatos de políticos e cidadáns de todas as ideoloxías.
  • EXPOSICIÓN DE ARQUITECTURA MODERNA: o día 15 de xuño o noso alumnado de 2º de ESO visitou a Exposición de Arquitectura Moderna Erasmus+ na nosa biblioteca escolar. Nesta exposición os estudantes e profesores falaron sobre cal debería ser a función da arquitectura moderna. A conclusión máis común é defender que a arquitectura debe resolver o problema da vivenda. Os nosos estudantes tamén consideraron que é importante non producir por enriba da capacidade do planeta.
Despedida: o mércores 22 de xuño celebramos a despedida do Club Erasmus+ nunha xornada moi divertida. 
  • Comezamos cun encontro con Miguel, membro de Fridays For Future en Santiago de Compostela. Con el soubemos máis da organización iniciada por Greta Thurnberg e dialogamos acerca da democracia.
  • Seguimos xogando e compartindo risas.
  • Rematamos cunha comida compartida, xuntando os pratos cociñados por todas as persoas que integran o Club Erasmus+.

Xa para rematar, só queda dar as grazas a tantas e tantas persoas que teñen colaborado no proxecto durante os tres últimos anos e dicir que seguiremos impulsando proxectos Erasmus+ no no noso colexio.
Grazas por seguirnos"
 
 
"Hello everyone: we want to share with you the latest review of the FOCUS project.
 
Project day: on 14, 15 and 16 June we carried out different activities to finish our Erasmus+ project.
  • 20 YEARS OF THE PRESTIGE CATASTROPHE: 20 YEARS OF THE PRESTIGE CATASTROPHE: 17 9th graders designed and planned an exhibition in which they showed the work done since February by all 9th graders (helped by the Industrial Technology 11th graders). 
  • The Prestige was an oil tanker that sank off the coast of Galicia in 2002, causing a 3000 km oil slick from Lisbon, in Portugal, to the Landes, in France.  
  • In the FOCUS project we study citizenship as the basis of democracy. Many people, coming from many Galician, Spanish and Portuguese cities, organized beach cleanings, founded political and cultural associations... They pressed and demanded that governments take responsibility and work for the common good. And these associations continue to work on environmental, cultural and political issues. Our exhibition was visited by 300 students.
  • MAIXABEL: Our school 10th graders watched tthe film Maixabel, which tells us how dialogue and forgiveness are fundamental to the construction of democracy. The film focuses on the end of the terrorist band ETA, which threatened the transition to democracy in Spain with its assassinations of politicians and citizens of all ideologies.
  • EXHIBITION OF MODERN ARCHITECTURE: on 15 June, our 8th graders visited the Erasmus+ Modern Architecture Exhibition in our school library. In this exhibition students and teachers talked about what the function of modern architecture should be. The most common conclusion is to defend that architecture must solve the problem of housing. Our students also considered it important not to produce above the capacity of the planet.
Goodbye: on Wednesday 22 June, we celebrate the final meeting of the Erasmus+ Club in a very fun day. 
  • We begin with a meeting with Miguel, member of Fridays Fuere Future in Santiago de Compostela. With him we learned more about the organization initiated by Greta Thurnberg  and talked about democracy. 
  • We continued playing and sharing laughter. 
  • We end with a shared meal, gathering the dishes cooked by all the people who make up the Erasmus+ Club.
Finally, we want to thank many people who have collaborated on the project during the last three years and say that we will continue to promote Erasmus+ projects in our school. Thank you for following us"