Acto de graduación 2ºBacharelato 2022

"Moi boas de novo: gran día o 10 de xuño.
Foi o momento de despedir ao noso alumnado de 2º de bacharelato.
Que tarde máis emocionante: comezamos cunha eucaristía centrada na relevancia do amor nas nosas vidas.
Despois do acto de entrega da orla ao recén graduados e graduadas -e da súa colocación nas paredes do corredor central do colexio, continuamos no salón cunha celebración que, sen perder a solemnidade requerida, estivo chea de risas, talento e tamén algunhas bágoas.
Aplaudimos a rabiar coa actuación do alumnado de infantil e primaria; desfrutamos da nosa querida alumna Elena e a súa mestría co violín; atendemos encantados os discursos do representante dos pais e nais, e tamén das persoas que falaron en representación do claustro de profesores; e rimos e sentimos orgullo do discurso que fixeron as representantes e os representantes do alumnado, uns minutos que mesturaron parodias desternillantes dalgúns profesores e profesoras con reflexións intelixentes e emocionantes do seu paso polo colexio.
No medio, a entrega das insignias do colexio a todo o alumnado (aplausos para elas e eles); entrega das matrículas de honra (máis aplausos); e un ambiente de agradecemento compartido entre profesorado, familias e alumnado.
E, para rematar, uns pinchos riquísimos no patio do colexio, gran momento para saudar, dialogar, facer fotos...
Mil grazas a todas as persoas que participaron neste precioso e inolvidable día."