As ciencias escríbense en feminino

O pasado Xoves 11 de febreiro o alumnado de 5º e 6º de EP e o de 1º,2º e 3º da ESO participaron no evento online As ciencias escríbense en feminino organizado con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia e promovido polo Concello de Santiago de Compostela.

Durante o mesmo, diferentes profesionais científicas achegaron a súa traxectoria, os seus proxectos e as vantaxes de forxarse un futuro nas diferentes disciplinas STEM.
Unha experiencia diferente!