Magosto Ed. Infantil 2020

O pasado 11 de novembro, día de San Martiño, o alumnado de Ed. Infantil celebrou o Magosto dun xeito diferente. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) elaborou unhas presentacións para facernos partícipes desta festa tan galega. Os nenos e nenas puideron coñecer a súa historia, a escoita de contos e cancións, e incluso xogaron a uns divertidas actividades interactivas relacionadas con esta data. Se queredes coñecer máis, botádelles unha ollada!

Galería de fotos

Genially Magosto 6º Ed. Infantil

Genially Magosto 5º Ed. Infantil

Genially Magosto 4º Ed. Infantil