OUR KICK-OFF ERASMUS+ DAY

Moi boas de novo: agora toca falar do 24 de outubro, no que celebramos o lanzamento do proxecto no noso colexio.
Aínda que foi un día fermoso, no que o noso Grupo erasmus+ fixo moitas actividades interesantes, o certo é que o máis bonito foi ver como o organizaron nas reunións de traballo do 3, 10 e 17 de outubro.
Tendo claro que o éxito está no camiño, no día a día, e non no resultado final, si que queremos compartir con todos vós a creatividade, ilusión e competencia que derrocharon o pasado xoves 24 de outubro.
E fixérono mediante distintas actividades, en distintos espazos decorados polos propios integrantes do grupo:

  • Na biblioteca montaron tres stands mediante os que explicaron as cidades e escolas coas que compartimos proxecto: o Gymnasium Bad Nenndorf, o Collegè Wilbur Wright de Champagnè, e a Bednarska Szkola Podstawowa de Varsovia. 180 rapaces de 1º e 2º de ESO disfrutaron das súas explicacións.
  • Sete parellas dos nosos rapaces e rapazas do Grupo Erasmus+ presentaron o proxecto aos seus compañeiros e compañeiras, dende 3º de ESO a 2º de bacharelato. 240 rapaces e rapazas puideron coñecer máis de preto cal foi a idea de Europa defendida por Schumann ou Monnet, así como o propio programa Erasmus+ e os obxectivos e características do noso proxecto FOCUS.
  • Nos grupos de 3º de ESO, realizouse un test para estudar o pensamento e coñecemento do noso alumnado sobre os grandes problemas que afectan ao mundo urbano. Este test será repetido dúas veces máis durante o proxecto para avaliar a evolución do seu pensamento e coñecementos ao longo do transcurso do programa.
  • Realización dun vídeo para recoller as actividades do día.

Moitas cousas que fixeron un día especial, un día de aprendizaxe e de difusión do proxecto.
Para rematar, unha comida compartidae música fixo o día aínda máis fermoso.
Grazas por seguirnos e ata a próxima.

Hi everyone;
On October 24 we celebrate our FOCUS Erasmus+ project in our school.
Although it was a beautiful day, on which our Erasmus+ Group did many interesting activities, the truth was that the most beautiful thing was to see how they organised it at the working meetings in October the 3rd, 10th and 17th.
Being clear that success is on the way, on a day-to-day basis, not on the final outcome, we want to share with you all the creativity, enthusiasm and qualities that were wasted in October 24th.
And they did so through different activities, in different spaces decorated by the group’s own members:

OUR PARTNERS SPACE (library): stands of partner cities in the project, which visited 180 students.
ERASMUS+ AND FOCUS PRESENTATION: digital presentations of the Erasmus+ and our project to 300 school students.
SURVEYS: first survey test to the 9th graders.
VIDEO: some friends of our project filmed a video about the day.

Many things that made a special day, a day of learning and spreading the project.
Finally, the Erasmus+ group shared a meal (the music and songs of our erasmus+ group made the day even more beautiful).
Thank you for following us.
Regards