Open Science Cambre 2019

Esta fin de semana celebrouse en Cambre o Open Science Cambre 2019, onde non perdimos a oportunidade de estar presentes.

Os rapaces e rapazas do noso colexio presentaron un modelo dun espectacular aeroesvarador, "hovercraft", que foi deseñado, montado e probado por eles mesmos co obxetivo de construír un vehículo versátil que poida introducirse en terreos complicados ou con condicións desfavorables onde un vehículo maior ou unha persoa non podería entrar. Grazas a todo este esforzo, acadamos o primeiro premio para Bacharelato nesta edición do evento!

Nestas ligazóns poderedes ver a cobertura das novas na web da CRTVG e de La Voz de Galicia.

Así mesmo, podedes ver máis imaxes na nosa galería.

Parabéns aos alumnos e profesores que participaron neste proxecto!