Comeza o novo curso...

Comeza o curso escolar 2019-20 e desde o novo Equipo Directivo queremos dar a benvida a toda a Comunidade Educativa. Con toda a ilusión, apostando por un colexio aberto ás necesidades de cada alumno e alumna, de cada familia.

 

 

 

.

Comprometidos cunha educación integral: intelectual, espiritual e social; para que sexan cidadáns competentes, activos e solidarios na sociedade actual e futura.

Un colexio onde aprendan a investigar, onde desenvolvan a creatividade, as súas competencias, con autonomía e responsabilidade, e onde aprendan a valorar a diferenza como unha gran riqueza.

E tendo este curso como Obxectivo interdisciplinar a profundización na práctica da ESCOITA.

 

Cos mellores desexos para o novo curso escolar

O Equipo Directivo

 

Ana Mª Besada Gesto Directora Titular

Mª Antonieta Rodríguez-Cadarso de la Peña Directora Pedagóxica ESO e Bacharelato

Mª Luisa Oubiña Lodeiro Xefa Estudos ESO e Bacharelato

Pedro Piñeiro García Coordinador 4º -6º Educación Primaria

Mercedes Calvo Calvo Coordinadora 1º-3º Educación Primaria

Carlos Rego Alcalde Coordinador Educación Infantil