Taller de refuxiados Erasmus +


O xoves 19 de outubro tivemos o pracer de contar con Alfonso Barata, un profesional que, entre outras moitas ocupacións na súa interesante vida, estivo desenvolvendo un interesante proxecto de arteterapia con refuxiados sirios, afganos, xamaicanos e iraquíes en Liverpool.

Aproveitando a súa estadía no noso colexio como profesor en prácticas, preparou para o noso grupo ERASMUS un taller sobre refuxiados, actividade que os rapaces e rapazas do ERASMUS collerán de base para preparar unha sesión de titoría para todos os seus compañeiros e compañeiras de ESO e bacharelato.
Aprendemos moito, sorprendeunos saber que países empobrecidos como Etiopía ou Xordania son os que máis persoas acollen, e escandalizounos tamén saber que os países membros da UE non están a cumprir os acordos que eles mesmos firmaron e impulsaron.
Agora a estudar máis para ser nós os que expliquemos aos nosos compañeiros e compañeiras do colexio este gran drama que ocorre ante os nosos ollos.

E se fose eu? - Ser unha persoa refuxiada no século XXI

Quiz sobre refuxiados

"We have been really lucky because we received the visit of a great professional: Alfonso Barata.
Alfonso has been working in different and interesting jobs and we have taken advantage of his experience.
After knowing he participated in a Liverpool Town Hall special programme to host refugees from Afghanistan, Irak, Jamaica and Syria (and many other countries), we decided to ask him if it was possible to organize a Workshop to learn about the Refugees drama.
Alfonso prepared a great presentation for us to understand better this problem and make us aware of it.
Thank you, Alfonso. We have learnt a lot and we have a great responsability now: to share all this information with our mates.
We have to work out during the next weeks to do a good Refugees Workshop in December".