Cartel Erasmus + Día de Europa

Queridas familias: o grupo Erasmus do colexio está a organizar un evento, co gallo da conmemoración do Día de Europa, o vindeiro 9 de maio.

O acontecemento terá o título de Todos somos migrantes e celebrarase na Sede Afundación Santiago de Compostela (rúa do Vilar,19) ás sete da tarde.

Nel falarán catro persoas cuxas vidas están atravesadas pola migración de distinta maneira: Nour Al-Hussen Villa, politóloga de profesión, é unha muller sirio-española que está a sufrir a guerra do seu país; Marisa Rodríguez, orientadora do noso colexio, é unha muller que foi educada polos seus avós mentres os seus pais estaban traballando en Alemaña nos anos 60; Francisco Durán, Decano da Facultade de Xeografía, Historia e Arte, foi un neno e mozo migrante; e Paula Romero é unha ex-alumna do noso colexio que traballa nunha escola internacional norueguesa á que asisten mozos e mozas de máis de 40 nacionalidades diferentes.

Con este acto queremos reivindicar unha Europa multicultural na que cabemos todos e todas, unha Europa que queremos solidaria con todos os pobos da Terra