Colexio Plurilingüe Compañía de María Santiago de Compostela

Colexio Plurilingüe Compañía de María Santiago de Compostela

Vixiantes do patio

O interese pola aprendizaxe da xestión de conflitos nas relacións persoais do día a día do noso alumnado inspirou ao Grupo de Convivencia deste colexio un proxecto que converte aos nenos e nenas de 6º de Educación Primaria en vixiantes do patio nesta etapa educativa.

Formados con anterioridade na adquisición das competencias que lles permitirán velar por unha boa convivencia nos momentos de lecer (cualidades dun bo vixiante de patio, maneiras de actuar ante a diversidade de conflitos e dinámicas para a súa xestión, desenvolvemento da empatía…) os participantes son voluntarios e actúan por parellas identificados cun peto chamativo que lles confire visibilidade.

A tarefa que realizan estes voluntarios permite ao centro coñecer estadísticamente cales son os principais conflitos, quenes son os seus protagonistas e as ferramentas que o alumnado vai desenvolvendo na súa xestión positiva.

Solicita a túa visita