Colexio Plurilingüe Compañía de María Santiago de Compostela

Colexio Plurilingüe Compañía de María Santiago de Compostela

Proxecto i _ Calma

Este proxecto parte dunha constante no proceso de educación da Compañía de María: a Educación do Ser. E inspírasenas palabras que dende moi nova escoitou Santa Xoana de Lestonnac como se fosen un mantra: Non deixes apagar a chama.

O Proxecto i de Educación da Interioridade está presente en todos os colexios da Compañía de María para que, partindo da vivencia persoal, se integren no día a día de cada un dos colexios e nasúa forma de educar, prácticas educativas de respiración, relaxación, silencio, xestos, apertura á transcendencia… coas que todos os integrantes da Comunidade Educativa tomen conciencia da dimensión interior das persoas.

Deste xeito, este centro educativo coida día a día a interioridade de todo o alumnado, cunha serie de actividades pensadas para mimar ese espazo no que se integra o corporal cos pensamentos, os sentimientos, as crenzas e as emocións para sentirnos plenamente unificados. E por que o facemos? Porque pensamos que o que nos pasa por dentro, no noso mundo interior, é moi importante para o correcto desenvolvemento de todas a dimensión da persoa.

Admisións