Dende 2016 o noso colexio está embarcado, con distintas escolas europeas, en iniciativas de cooperación escolar integradas dentro do programa Erasmus+.
En todos os programas impulsados e nos que están por chegar queremos xerar ambientes que axuden a potenciar a cidadanía europea e todo o que iso supón: respecto e cultivo dos Dereitos Humanos, a inclusión e o multiculturalismo, o desenvolvemento de aprendizaxes cooperativas e dunha cultura que potencie a defensa da natureza e das persoas que a habitan.
Como lingua vehicular utilizamos ata o momento a Lingua Inglesa, pero queremos tamén achegarnos a outras linguas faladas en Europa.