Comedor

O comedor é un espazo no que fomentamos os valores nutricionais correctos dos alumnos mediante un menú seleccionado con moito esmero e coidado, mediante uns pratos feitos no momento, cociñados con moito cariño polas nosas cociñeiras de toda a vida.

Ademáis, é un lugar ideal para compartir momentos e que os alumnos se coñezan mellor entre eles, saíndo do espazo habitual de aula ou patio.

Podes acceder ó PDF de solicitude para ingresar no comedor 2018/19 premendo aquí, sendo ademáis interesante ver as normas de funcionamento para coñecer a fondo como resulta esta experiencia.

Tamén publicamos o menú de cada mes na sección "Menú do Comedor" dispoñible na páxina principal, para permitir aos pais e nais estar informados en todo momento das dietas que seguimos no colexio.