Erasmus+

Durante os cursos escolares 2016-2017 e 2017-2018 o noso colexio estará involucrado no Proxecto COME (Cooperation On Mobility in Europe), unha iniciativa Erasmus + centrada no estudo das migracións humanas ao longo do tempo, así como de todos os fenómenos que elas levan consigo, especialmente a creación de sociadades máis complexas, multiculturais e mellores.

Neste proxecto colaboramos catro colexios europeos: un alemán, outro polaco, outro francés e o noso centro.

Durante estes dous cursos desenvolveranse múltiples actividades inmersas no currículo das distintas áreas, dando especial relevancia ao traballo interdisciplinar e colaborativo.

Ademais, é importante salientar a formación dun Club Erasmus +, grupo formado por dezasete alumnos e alumnas de 3º de ESO, que se reúnen todos os xoves, de 14 a 16 horas, para estudar distintos temas relacionados coas migracións na historia e na actualidade, coñecementos que comparten, en inglés, galego e castelán en clases que imparten aos seus compañeiros de distintos niveis, principalmente en secundaria e bacharelato, pero tamén na etapa de primaria.

Son os integrantes deste grupo os que participarán en catro encontros transnacionais entre os rapaces e rapazas das catro escolas. O primeiro empeza o domingo 20de novembro e será en Varsovia, onde estaremos ata o día 26. Alí traballarán en equipos transnacionais e visitarán o gueto de Varsovia, o museo Xudeu, a cidade de Lodz...

Manterémosvos informados na web do colexio. Se, ademais, queredes seguirnos na páxina web do proxecto, aquí deixamos o enlace.

 

Mil grazas.

 

NOVAS EN ERASMUS +

2017/18

Despedida Erasmus +

Welcome to Ellis Island

Eurotur

Ecoloxía Integral

Vídeo do encontro Erasmus + Compostela

Encontro Erasmus + en Compostela

Recepción ao alumnado galego, francés, alemán e polaco participante no programa Erasmus +

Paseo por Fisterra de Erasmus +

Achégase o encontro en Santiago...

Ensaio Erasmus +

Día de traballo co grupo Erasmus + do colexio

Proxecto Erasmus Champagné

Taller de refuxiados

Summer Postcards Fin de actividade

Recepción no concello de Santiago

2016/17

Summer Postcards

Última actividade Erasmus + deste ano

Erasmus + Famous migrants byographies exhibition

Our family mobility map

Reportaxe El Correo Gallego - Todos Somos Migrantes

Todos Somos Migrantes


Cartel Día de Europa

Entrevista na Cadena Cope a Erasmus +

Filmmaker Workshop

West-Side Story

Our Surnames Map

Blog Alemania 2017 - Erasmus +

Encontro con Noor Al-Hussen Villa

Cartel Erasmus +

Encontro transnacional Erasmus+ en Varsovia

Irene Sendler's Nena María day presentation

Logo Erasmus +

Estancia Erasmus+ en Varsovia