Pastoral

 

E ti te preguntarás.....

Que entendemos por Pastoral?

Entendemos por Pastoral todo proceso que constrúe a escola segundo os valores do Evanxeo;propicia o encontro da persoa con Xesucristo, acompáñaa no seu crecemento e prepáraa para inserirse na sociedade e colaborar na súa transformación.
Seguindo o noso ideario, temos clara a opción por unha escola global, onde educación e evanxelización camiñan da man. Porque nós estamos convencidos de que facendo unha educación de calidade estamos sendo fieis á tarefa de evanxelizar a sociedade, e que o modo mellor de presentar os valores evanxélicos é a educación.
A nosa escola, con clara identidade cristiá, toma como punto de partida o Proxecto educativo de Xoana de Lestonnac. Por iso, tomando conciencia das nosas orixes pretendemos actualizar este proxecto nos nosos tempos: queremos ser escola con todas as súas implicacións de entidade educativa e transmisora de cultura e queremos ser escola cun estilo concreto baseado nos valores do Evanxeo e as intuicións educativas de Xoana de Lestonnac.

As liñas fundamentais nas que baseamos a nosa tarefa educativo - pastoral están recollidas no libro “ La Compañía de María un proyecto de educación” (1998) e o recente Plan de Pastoral Escolar da Compañía de María, e tratamos de facelo vida no noso centro.
A nosa proposta Pastoral aborda moitas dimensións: a interioridade, o sentido de comuñón, o compromiso, a solidariedade, a celebración... Está aberta a todos os que se sintan convocados a vivil o no marco educativo e compartindo un Proxecto común.
A Pastoral impregna todo o noso labor docente. A visión humanista cristiá de Santa Xoana é a guía que sostén calquera actividade do colexio.

Os obxectivos da Pastoral son:

1. - A persoa e a súa educación integral.
2. - Promover a formación do profesorado e potenciar a pastoral desde todos os plans do centro.
3. - Educar a intelixencia emocional e colaborar no desenvolvemento da educación da interioridade.
4. - Programar e coidar as celebracións relixiosas.

Estes obxectivos desenvólvese no ámbito escolar a través dunhas ofertas e propostas concretas para o alumnado:
· Ensinanza relixiosa escolar.
· Celebracións.
· Acción titorial.
· Solidariedade e Educación para Desenvolvemento.
· Educación da Interioridade.

No ámbito extraescolar, espazo complementario, voluntario e privilexiado de acompañamento no crecemento na Fe, tamén ofrece:


· Voluntariado. Grupos Lestonnac.
· Rede Laical Compañía de María.

 

Cremos nunha educación integral da persoa, onde todas as dimensións son importantes evdeben medrar harmonicamente. Para nós ten moita importancia a dimensión de apertura á transcendencia, onde se producen as preguntas polo senso da vida e a experiencia relixiosa. Coma escola católica tratamos de axudar ao alumnado a ir facendo unha síntese entre a fe, a cultura e a vida.
Polo tanto, toda a nosa tarefa educativa é evanxelizadora, aínda que temos momentos e propostas onde explicitamos máis, se cabe, os valores evanxélicos. Deste xeito neste plan recóllense as actividades que ofrecemos, xunto co traballo cotiá, para educar en valores como a xustiza e a paz.
Este pequeno documento trata de recoller o que queremos que sexa a nosa escola dende o noso ideario e o t emos que ser e facer para ser unha escola pastoral. Tamén trata de implicar a toda a Comunidade Educativa, primeira garante da nosa identidade.

 

COORDINACIÓN.

O Equipo de Pastoral

É o equipo reducido formado polo/a Coordinador/a de Pastoral e algunhas das persoas que pertencen ás distintas etapas educativas, encargado de coordinar e dinamizar as actividades e propostas programadas durante o curso. Este equipo reúnese semanalmente.
Á fronte deste equipo está o/a Coordinador/a de Pastoral, que se encarga coordinar a programación concreta e a execución das diferentes actividades propostas que lles afectan, dinamizando a participación de todo o profesorado e do alumnado correspondente.
Tamén está presente un/unha representante deste Equipo no Equipo Directivo, ao cal leva as propostas e inquedanzas que tocan a dimensión evanxelizadora do centro. Nel coida especialmente que o centro camiñe cara ao ideal dunha escola en pastoral.

Formamos parte do equipo de pastoral:

Coordinadora.
Mª del Mar García López.
Representante do Departamento de Orientación.
Marisa Rodríguez Pereiro.
Representantes da ESO e Bach.
Inés Baamonde Roca.
Elena Mª Marzo Nogueras.
Fátima Romar Vázquez.
Representante de Ed. Infantil /Equipo Directivo.
Mª Magdalena Fernández Méndez.
Representantes de Ed. Primaria.
Mª del Mar García López.
Isabel Suárez Noya.
Cristina Cachafeiro Vieites.

 
A DIRECCIÓN E O EQUIPO DIRECTIVO

A Dirección do colexio ten a responsabilidade última da acción pastoral.
Como responsable da coordinación xeral do centro, o Equipo Directivo é o órgano que aproba o Plan de Pastoral e toma as decisións oportunas para poder levar a cabo o que nel se indica, a proposta do Equipo de Pastoral.

PARA ESTE CURSO....

LIÑAS DE ACCIÓN

DEPARTAMENTO DE ERE.

- Ter ao longo do curso diferentes momentos de encontro e coordinación de mestres e profesores de ERE por etapas (Primaria e ESO-Bach.)

 BOS DÍAS.

- Manter a oferta de bos días cada luns . Dándolle un estilo propio ao noso modo de acoller aos alumnos/as e comezar a semana dun xeito máis cercano. 

CELEBRACIÓNS.

 

- Darlles maior ritmo litúrxico, máis experiencial e dinámico.

- Continuar coa oferta diversificada para cada etapa educativa. 

APOIAR EN MOMENTOS FORTES A LABOR DA FISC NO CENTRO. 

PROXECTO LESTONNAC-APS.

  

- Acoller e acompañar aos novos monitores responsables de levar a cabo as actividades.

- Xerar relacións coas institucións sociais da cidade.

RENTABILIZAR O USO DA CAPELA DO COLEXIO.

Darlle un maior uso para actividades culturais e relixiosas. (Diálogo fe-cultura.)

LEMA

TENDE A TÚA MAN

Unha das maiores virtudes da personalidade de Santa Xoana era a súa capacidade de ver as necesidades dos demais e axudarlles dun xeito moi delicado e humilde.

Este curso imos ter como lema TENDE A TÚA MAN.

Unha maneira moi sinxela de recordarnos que, tal e como fixeron persoas como Xoana e Xesús, estamos chamados a acompañar e axudar aos que nos necesitan.

As nosas mans van intentar ser mans que se ofrecen a...

Acompáñanos na nosa fermosa viaxe e axúdanos a continuar unha das máis fermosas labores da nosa fundadora.

Para comezar, aquí tes un breve conto que fala dunha man.

 

CONTO DUNHA MAN

Ana pediulles aos seus alumnos de 2º de Primaria que debuxaran algo polo que estiveran agradecidos.

Ela traballaba dende había uns anos nun colexio moi humilde, así que pensou que eles debuxarían mesas cheas de comida, xoguetes, casas fermosísimas... E así o fixeron a maioría deles pero Manuel entregoulle á mestra unha folla cunha man debuxada dunha maneira moi infantil.

Ninguén sabía de quen era esa man e os alumnos comezaron a opinar. Algúns dicían que era a man de Deus que lle daba de comer, outros dicían que era a man dun garda que lle protexía. Mentres os nenos opinaban a mestra inclinouse sobre o banco de Manuel e preguntoulle de quen era esa man.

- Esa man é a túa.- contestou Manuel avergoñado porque pensou que o seu debuxo estaba mal.

Entón, Ana decatouse de que moitas veces ela dáballe a man a Manuel na hora do recreo tal e como o facía con moitos dos seus alumnos e ese neno delgadiño e sensible realmente estaba agradecido.

A mestra non puido evitar que se lle escaparan as bágoas dos seus ollos, abrazou a Manuel e díxolle:

- Grazas, grazas Manuel, Xabi, Carlos, María, Sabela... Moitísimas grazas.