Grupos Lestonnac

Os Grupos Lestonnac son grupos cristiáns de participación voluntaria, dentro do ámbito extraescolar,  que se ofertan nos centros Educativos da Compañía de María,  desde 4º ó 5º de Educación Primaria ata Bacharelato. Pretenden, desde o Proxecto Educativo e a Espiritualidade da Compañía de María, axudar aos nenos/as, adolescentes e mocidade a atopar o sentido da súa vida en Xesús e nos valores do Evanxeo, ofrecéndolles alternativas que contribúan ao crecemento da súa Fe, á elección de vida e á inserción na comunidade eclesial e a participar na sociedade

O grupo é o principal medio pedagóxico para aprender a convivir, a relacionarse, a traballar en equipo, a proxectar futuro e comprometerse con outros nun servizo común na sociedade e na Igrexa, sempre acompañados por uns animadores que facilitan, a través do seu testemuño e o seu saber facer, que isto sexa posible.

Tanto o Voluntariado como Grupos Lestonnac son en realidade unha única oferta. Dado que o proceso de grupos Lestonnac baséase, especialmente en ESO e Bach., nun itinerario que desemboca na implicación en actividades de voluntariado por parte dos rapaces máis maiores.

 

 




A  opción educativa dos Grupos Lestonnac céntrase en:

  • A PERSOA: Centro de toda a acción educativa, contribuíndo ao desenvolvemento de todas as súas capacidades por medio dunha educación integral e integradora.
  • O GRUPO: Unha educación que se fai con outros desde unha vivencia conxunta e complementaria, potenciando a participación, o diálogo, a acollida, o traballo en equipo, a cooperación e a corresponsabilidade.
  • O ACOMPAÑAMENTOá persoa no crecemento persoal, na apertura á transcendencia e posterior camiño da fe, desde o respecto á liberdade persoal.
  • O TEMPO LIBRE: Unha educación que vai máis aló da aula, do académico, buscando outros espazos e tempos educativos que favorezan a educación integral.
  • A SOLIDARIEDADE, RESPONSABILIDADE SOCIAL E O DESENVOLVEMENTO: que  leve aos participantes a implicarse na construción dun mundo máis xusto e mellor para todos e coidando o planeta.

Pretendemos que  os Grupos Lestonnac non sexan o final dunha etapa de crecemento, senón a base de posteriores compromisos dos rapaces/as, tanto a nivel social como dentro da Compañía de María e da Igrexa, dando diferentes opcións de voluntariado ou ofertas de crecemento na fe.

Os grupos Lestonnac son unha forma de acompañar aos rapaces e rapazas seguindo as orientacións do Proxecto de Pastoral Xuvenil da Compañía de María. Temos como fin principal a transmisión de valores e actitudes que fagan posible a maduración persoal e social dende o punto de vista da fe cristiana.

Hai 73 nenos e nenas de 5º e 6º de primaria. Cada ano somos máis!!

En primaria reunímosnos cada 15 días, pero esta organización varía dependendo das actividades.

En secundaria fanse talleres trimestrais: Taller de cociña, Día do Deporte Lestonnac...

Reunións:

-Primaria: quincenais, os mércores ás 13:30. Pode participar o alumnado de 5º e 6º de primaria.

-Secundaria: reunións de acordo a actividades programadas. Pode participar toda a ESO.

Monitores:

-Ed. Primaria: Alba Albariza, Raquel González, David Caldas, Vanesa Blanco, Macarena Garcia, Pedro Piñeiro, Laura Regueira e Noa.

-Ed. Secundaria: Sara, Jorge Bandín, Fátima, Sara Rozas e Verónica Feteira.

Ligazón ao Blog Grupos Lestonnac:

http://gruposlestonnacgalicia.blogspot.com.es

Taller de camisetas personalizadas Grupos Lestonnac

O alumnado dos grupos Lestonnac de 5º e 6º de Primaria participaron nun taller de personalización de camisetas. Os resultados foron do máis orixinal!

   
         
   

 

Realización do mural de Nadal

 

Día do Deporte Lestonnac

O día 22 de outubro tivo lugar o Día do Deporte Lestonac, una actividade, de carácter voluntario, organizada en tempo extraescolar, na que participaron 70 alumnos (45 rapaces e rapazas de 1º e 2º de ESO e 25 rapaces e rapazas de 3º de ESO, que foron as persoas encargadas de organizar toda a actividade, dende a presentación polas clases, a elaboración do cartel e a dinamización das actividades).

Foi un día espléndido, tanto polo tempo atmosférico como polo ambiente de convivencia e amistade que se respirou en Don Bosco, lugar de celebración da actividade.

Chamou a atención a ausencia total de calquera conflito e o clima de colaboración entre os organizadores e os partcipantes nas actividades, xa foran a gynkana, baile ou calquera dos deportes ofertados.

Así dá gusto.