Campañas

A nosa visión da Pastoral do centro ten varios campos de actuación claramente delimitados. Un deles son as diferentes campañas e actividades que se ofertan ao longo do curso. Xeralemente, utilizamos como base o calendario litúrxico e temos como base o lema do curso.

Así, en cada momento forte, realizamos unha oferta completa de actividades diversas adaptadas ás idades e peculiaridades dos distintos destinatarios.

Polo que este apartado é o noso pequeno espazo para mostrarvos os nosos soños feitos realidade. Esperamos que o disfrutedes tanto coma nós cando o imos soñando cada día.

 

Actividades realizadas no CURSO 2016-2017: PRIMEIRO TRIMESTRE

 

Convivencias de ESO e Bacharelato
..............................................................................................

Durante unha semana os alumnos/as da ESO e Bacharelato teñen a oportunidade de adicar o tempo lectivo a convivir e pensar un pouco nas verdadeiras prioridades da súa vida. Cada grupo - aula vai cambiar o espacio habitual de traballo por outro lugar no que poden ser eles mesmos e disfrutar ao mesmo tempo que medran como persoas.

 

Celebracións de inicio de curso (EPO)
..............................................................................................

Non hai mellor maneira de comezar o curso que achegándonos ao templo da nosa escola a saudarnos coma verdadeiros amigos de Xesús.
Ademais, aproveitamos o encontro para poñernos ao día do que nos quere transmitir o lema deste curso. Que bonito é escoitar as ilusións e soños dos nosos pequenos para o camiño que acabamos de comezar.

 

Domund
..............................................................................................

Os nosos favoritos sempre son os máis desfavorecidos. Polo que unha celebración coma o DOMUND non a deixamos pasar sen máis. Así que o traballamos os especialistas de relixión en cada unha das aulas.
Ademais, Os alumnos/as de 5º de Primaria teñen a sorte de poder participar nun acto conxunto co resto de colexios da cidade pertencentes ás Escolas Católicas. Alí xogan, comparten, disfrutan e descubren que non soamente os máis pobres son moi importantes para nós. O lema deste curso era Sal da túa Terra.

 

Nena María
..............................................................................................

Xoana de Lestonnac regalounos a todos a oportunidade de celebrar como unha festa moi especial o día da presentación de María no templo.
Cada ano recollemos a súa proposta e os centros da Compañía de María énchense de cariño, bo facer e moitas gañas de poñer a María nos centro das nosas máis bonitas inquedanzas.
Este curso o lema foi María, coidadora de Vida.
Os nosos pequenos e non tan pequenos tiveron que buscar exemplos de bos coidadores e coidadoras que lles rodean cada día coa idea de aprender a facelo eles mesmos moi ben.
Ademais, recordamos o estilo de María coma coidadora sinxela e humilde que sempre está aí a pesares dos sacrificios necesarios. Xunto con María, achegámonos á figura de Irena Sendler, unha muller que merece o título de gran coidadora.
Adicou parte da súa vida a rescatar a nenos e nenas que tiveron a desgracia de nacer no momento en que en Varsovia moitos xudíos morrían encerrados nun guetto.
Os máis maiores escoitaron falar de Berta Cáceres, unha muller que perdeu a súa vida por defender os dereitos dos sin voz en Colombia.
Hai realidades que nos superan pero o que nunca podemos facer é mirar a outro lado porque o noso corazón non nolo permitiría. Todos podemos chegar a ser grandes coidadores no noso día a día.

 

Advento
..............................................................................................

Advento é sinónimo de Boa Noticia e Esperanza.
Así que dende 3º de Primaria en adiante tivemos unha sinxelas celebracións nas que nos adicamos a elaborar os elixires da felicidade para manter esa enerxía que todos necesitamos para manternos vivos. Celebramos con moito cariño que Xesús regalounos a receita perfecta para chegar a ser felices sen necesidade de bus car ingredientes máxicos ou estranos.
Os máis maiores elaboraron unha sopa de pedra deliciosa e con sustancia.
O arrecendo dos nosos elixires e sopas quedou impregnado por todos os corredores do noso centro.

 

Convivencias Peche de Trimestre (Grupos Lestonnac-ESO)
..............................................................................................

Despois de participar activamente na campaña de recollida de alimentos, os rapaces de Grupos Lestonnac puideron participar nunha merecida convivencia. Primeiro celebraron no templo, dun xeito moi sinxelo, a razón de ser do seu voluntariado e logo puideron compartir entre eles unha comida moi entrañable. Todo destinado a celebrar a importante labor de estar aí cando se lles necesita.

 

 

Actividades realizadas no CURSO 2016-2017: SEGUNDO TRIMESTRE

 

Día do pan solidario - Bocata e boliños solidarios
..............................................................................................
 

Dende hai uns anos no noso centro decidimos adicar especialmente un día a recordar que somos moi afortunado por dispoñer de todo o que precisamos e que hai moita xente ao noso redor que non ten tanta sorte.

A este día chamámoslle inicialmente o día do Bocata Solidario. Pero as boas ideas sempre melloran co tempo e agora xa este nome necesita un cambio porque non abrangue toda a nosa campaña.

O día 16 de febreiro todos os pequenos do cole, dende cuarto de Infantil ata 4º de ed. Primaria recibiron o agasallo de merendar a media mañá un boliño de pan. A cambio pediuselles unha pequena aportación voluntaria. No momento de comer a súa merenda puideron ver un vídeo no que se lles recordaba que nós temos a responsabilidade de agradecer e aproveitar a comida que nos dan cada día e que non podemos desperdiciala. 

 

 

E vos preguntaredes onde vai o bocata que sae no título. Pois ao mediodía, os maiores, dende 5º de ed. Primaria ata 2º de Bach., incluído o claustro de profesores, estabamos invitados a comer uns bocatas. Despois de comelos, os alumnos que están máis implicados en actividades de voluntariado no noso cole prepararon unhas dinámicas de sensibilización nas que nos demostraron, unha vez máis, que outro mundo é posible e que están dispostos a cambialo. Comezamos cunha breve xuntanza dos 300 que eramos para ver uns clipmetraxes que elaboraran os alumnos de varios cursos da ESO para participar no concurso que oferta Mans Unidas. Máis tarde, dividímonos por grupos e así os nosos voluntarios puideron contarnos a súa razón pola que regalan parte do seu tempo libre para axudar aos que máis o precisan.

En conclusión, un día cheo de bonitos e agradables momentos que nos indican que quizais non o estamos a facer tan mal como educadores.

Agradecemos moitísimo a colaboración dos rapaces e rapazas que se encargaron de preparar esta actividade e o fixeron realmente moi ben.

¡¡¡ Outro mundo é posible e imos conseguir cambialo entre todos!!!!

 

 

Actividades realizadas no CURSO 2016-2017: SEGUNDO TRIMESTRE

 

Celebramos a Pascua de Resurreción
..............................................................................................
 

Un dos momentos máis importante para nós os cristiáns é recordar que Xesús resucitou e está nas nosas vidas, resultando esta información unha moi boa noticia para nós.

Para poder celebralo, adicamos un día de titoría no que comezamos vendo mensaxes de boas noticias actuais en medio da dor guerra de Siria, terremoto de Italia,...). Máis tarde, pensamos en quen é Xesús para nós e todo o que nos pode aportar se lle deixamos entrar nas nosas vidas.

Finalizamos, compartindo a que nos sentimos invitados unha vez que aceptamos a Xesús nas nosas vidas.

 

Festas de Santa Xoana
..............................................................................................
 

Cada curso todos os membros da nosa comunidade educativa sentímonos implicados na organización das festas de Santa Xoana.

A nosa aportación dende Pastoral consiste en motivar e organizar as celebracións dos máis peques e preparar a eucaristía para o resto da comunidade educativa.

Este curso tivemos como idea central traballar varias das virtudes de Santa Xoana como son a humildade e a confianza nos demais.

Partimos da mensaxe que nos presenta a lenda africana de UBUNTU Eu son quen son porque somos. Polo que este curso todos recibimos a invitación de sentirnos comunidade e familia ao estilo de moitos pobos africanos que teñen moito bo que compartir con nós.

Todo isto tendo presente o proxecto solidario no que imos colaborar coa nosa aportación económica: Reinserción no ámbito educativo de nenos e rapaces que viviron en situación de guerra, nun lugar chamado Mulo na República do Congo.

 

Voluntariado de Verán
..............................................................................................
 

Sete rapaces van vivir este verán unha das experiencias de voluntariado que se oferta a nivel nacional a Compañía de María. Toda unha aventura que lles vai axudar a medrar como persoas.