Ed. Primaria

A educación Primaria é unha etapa educativa que comprende seis anos académicos, que serán cursados ordinariamente entre os seis e os doce anos de idade, e organízanse en tres ciclos de dous anos cada un.

A finalidade desta Etapa é a de proporcionar aos alumnos/as as aprendizaxes da expresión e comprensión oral, a lectura, o cálculo, a adquisición das nocións básicas da cultura, o hábito de convivencia, así como, os de estudio e traballo, co fin de garantir unha formación integral que contribúa ao pleno desenvolvemento da persoa dos alumnos e alumnas e de preparalos para cursar con aproveitamento a Educación Secundaria.

 

 

Obxectivos

Lograr que os nenos e nenas se descubran a sí mesmos, descubran aos demáis e tamén o mundo que os rodea.

Fomentar a sensibilidade en tódolos aspectos da vida: humano, social e físico.

Potenciar a súa participación no ámbito escolar.

Aprender a tomar decisións por sí mesmos e exercer o seu autocontrol.

Estimular a creatividade.

Fomentar actitudes que lles axuden a crear un entorno tolerante, sensible e xusto.

Fomentar o respecto e o coidado do seu entorno natural.

Potenciar comportamentos que desenrolen a capacidade de escoitar.

Aprender a ver a Deus na natureza e nas persoas.

Axudar a descubrir os valores que nos poden aportar as persoas con capacidades diferentes ás nosas.

Actividades

Valoración positiva do esforzo persoal, tanto por parte do profesor coma dos compañeiros.

Establecer un clima de diálogo e cercanía entre o profesor e os nenos/as, que lles permita sentirse queridos e comprendidos para adquirir confianza nas súas propias accións.

Descubrir cualidades persoais que lles axuden a mellorar o coñecemento de sí mesmos.

Reflexionar sobre os propios comportamentos e ser quen de rectificar cando sexa necesario.

Establecemento dunhas normas básicas de convivencia previa explicación e razoamento das mesmas.

Realización de actividades que atraian a súa atención (contos, adiviñas, xogos, etc) para fomentar o hábito de escoitar.

Escenificación de contos, lecturas, poesías, obras de teatro... deixando campo aberto á súa imaxinación e espontaneidade.

Ensinarlles a resolver os conflictos que xurdan mediante o diálogo e reflexionando sobre o seu comportamento, procurando que a nosa actitude sexa exemplarizante.

Realizar actividades para promover actitudes e comportamentos de aceptación e valoración da diversidade.

Continuaremos realizando experiencias educativas en colaboración coa aula de E.E.

Practicar normas básicas de respecto e educación: dar as gracias, pedir as cousas por favor, pedir disculpas, falar con orde...

Áreas

Os tres Ciclos de Educación Primaria organízanse nas seguintes áreas:

Coñecemento do medio

Educación plástica

Educación Física

Lingua castelá

Lingua galega

Matemáticas

Lingua estranxeira: Inglés