Saúdo da Directora, Ana Besada

Benvido-a á web do Colexio Compañía de María en Santiago, queremos que este sexa un espazo que dea a coñecer a vida do centro e poder descubrir os rasgos principais do noso Proxecto Educativo.

Dende aquí podedes coñecer tamén a misión da Compañía nos centros de España e no resto do mundo.

Desexamos que o noso colexio sexa un espazo vivo no que o alumnado reciba unha educación na vida e para a vida.