Relación Familia-Escola

O contacto periódico das familias co centro e co profesorado é importantísimo para a eficacia da acción educativa. Por unha parte, os pais e as nais son os/as que posúen a mellor e máis fiable información sobre os alumnos e as alumnas; e pola outra, os docentes deben subministrarlles ás familias todos os datos que consideren relevantes e que lle afecten ó desenvolvemento e á educación dos seus fillos. A colaboración sistemática familia-escola vai achegar experiencias enriquecedoras, tanto a pais e nais, coma ós docentes.

Deste xeito, as relacións fluídas entre a familia e a escola van permitir que se unifiquen criterios e pautas de actuación que favorecerán o proceso de aprendizaxe e o desenvolvemento harmónico da personalidade dos alumnos. A escola debe permanecer sempre en disposición de recibir aos pais e as nais para poder comentar calquera aspecto educativo dos seus fillos e súas fillas, así mesmo, debe acepta-las súas suxestións e contribucións.

A familia, pola súa banda, debe colaborar estreitamente e comprometerse co traballo cotiá dos seus fillos e coa vida da escola. Só o compromiso e o esforzo compartido premitirán a consecución dos obxectivos que nos marquemos.