Misión,Visión e Valores

MISIÓN E VISIÓN

O noso proxecto educativo, baseado no ideario da Fundadora, Xoana de Lestonnac, é un proxecto aberto a todos, en constante renovación e que ten como misión o servizo permanente aos nosos alumnos e ás súas familias, aos que trata de presentar un modelo de convivencia baseado nunha proposta de valores desde a óptica do humanismo-cristián e sempre cunha visión positiva da persoa e do mundo; “ensinando a vivir” a través da relación e o acompañamento para transformar esta sociedade desde os valores do Evanxeo.

   

 

VALORES NA NOSA XESTIÓN

Valores cos que nos comprometemos no noso modo de proceder e relacionarnos cos demais grupos de interese.

Respecto

Como valor que faculta á persoa para o recoñecemento, aprecio e estimación das calidades dos demais e dos seus dereitos. Ten que ser recoñecido como un valor central para lograr que as persoas fomenten o diálogo e a aceptación dunha convivencia do eu cos demais.

Valoración da diversidade

Ter conciencia de que o noso modo de proceder ha de estar enmarcado no ámbito plural, incluíndo outras formas de ser, de pensar e de facer.

Transparencia

Os nosos grupos de interese han de coñecer a nosa actividade, os nosos logros, os nosos puntos fortes e os aspectos nos que debemos mellorar.

Transparencia do que somos, facemos e queremos conseguir.

Transparencia como xeradora de confianza, de información axeitada para saber onde estamos, que temos e que pretendemos conseguir.