Historia do Centro

 

 

O Colexio Compañía de María, sito na Rúa Ensinanza, 3 en Santiago de Compostela foi fundado no ano 1759 co desexo de dar resposta educativa as nenas de dita cidade, baixo a titularidade da Orde da Compañía de María, Nosa Señora.

A Compañía de María N. S., foi o primeiro instituto relixioso adicado á educación da muller, fundado en Burdeos en 1607 por Juana de Lestonnac (1556-1640), sobriña do humanista francés Miguel de Montaigne. A intuición educativa de Juana de Lestonnac foise concretando ao longo da historia de formas distintas. O seu principal obxectivo encamíñase, dende a orixe, cara á transformación da sociedade. A Compañía de María quere realizar un servizo de interese público, abrirse a un diálogo con outras instancias sociais e colaborar no proceso que ha de conducir á nosa sociedade a atopar a súa propia identidade.

Colexio feminino dende os seus inicios ata o curso 1985-86 no que se incorporan nenos dando resposta aos novos tempos. A partir do curso 1987-88 o centro da resposta a nenos e nenas de Educación Especial, contando para iso con profesorado especialista. Hoxe en día damos resposta educativa dende Educación Infantil ata Bacharelato, tendo escolarizados 1160 alumnos que son acompañdos por un equipo de 90 educadores.

 

 

A historia do centro en fotos...