Proxecto ARSandbox

O grupo de tecnoloxía industrial de Manuel, Ana e Martín, elaboraron un proxecto de ARSandbox durante o curso. Un proxecto pioneiro na nosa comunidade, sendo unha das primeiras Sandbox construídas en Galicia, a primeira feita por alumnos dun centro educativo.

Ana e Manuel presentaron este proxecto basado no modelo de Sandbox da UCLA na modalidade de "Laboratorio de Xeoloxía" no concurso internacional "Ciencia en Acción", como un simulador de impacto de meteoritos. Foron seleccionados e en Outubro acudiremos á final que se celebra en Viladecans.