Encontro Erasmus + no noso colexio


Qué gran semana a do encontro transnacional do proxecto Erasmus+ que o noso colexio, en colaboración cos nosos socios polacos, franceses e alemáns, está desenvolvendo durante os cursos 2016-2017 e 2017-2018.


Foi unha semana inolvidable marcada polas migracións, o noso tema de estudo, e a colaboración, o elemento clave para que o programa estea sendo un éxito e os nosos alumnos e alumnas do grupo Erasmus continúen crecendo e traballando con entusiasmo.

Por un lado, debemos destacar que esta semana, do 16 ao 23 de febreiro de 2018, estivemos traballando a peregrinación a Compostela durante a historia, aspecto no que nos centramos o domingo 18 (camiñata de Santiago dende Corcubión a Fisterra, guiados pola profesora Ángela e maravillados pola gaita que tocou o profesor Javier, seguindo os pasos de milleiros de peregrinos durante séculos e coñecendo tamén a vida en primeira persoa de dúas mulleres migrantes afincadas en Fisterra) e o luns 19 (visita dramatizada a Santiago, na que os actores e actrices foron o noso alumnado do grupo Erasmus).


O mércores fixámonos máis na industria pesqueira galega coa visita á fábrica conserveira que Friscos ten en Catoira e unha viaxe en barco pola ría de Arousa para o estudo da industria do mexillón. Ademais, visitamos Combarro, vila na que puidemos coñecer máis sobre as migracións que durante o século XIX e XX levaron a máis dun millón de galegos fóra de España.
Foi fermoso ver, o martes e o xoves, ao noso grupo Erasmus, traballar cos seus compañeiros e compañeiras europeas, entendéndose perfectamente en inglés e deseñando proxectos en común.
E tamén emociona lembrar o concerto que prepararon as rapazas e rapaces do colexio, coordinados por Pepe e Isabel, para despedir esta intensa semana.


Finalmente, non podemos olvidarnos da importancia da colaboración de moita xente para que esta semana fora posible: máis de 20 profesores e profesoras de distintos departamentos colaborando no seu deseño e realización, unhas familias dos nosos estudantes Erasmus que acolleron aos nosos invitados cunha xenerosidade sen a que sería imposible o proxecto, un equipo directivo apoiando en todo momento, un persoal de administración e servizos solucionando os problemas que foron xurdindo... En fin, estamos tan agradecidos!!!


Pero esto aínda non acabou e seguimos co proxecto, así que teredes máis novas do grupo Erasmus

 

Entrevista Erasmus + na Cadena Cope

Entrevista Erasmus + na Cadena SER

Máis imaxes na galería

 

"What a great week of transnational meeting with our European partners: Poles, Germans, French who have visited us in Santiago to finish the meetings that take place in the Erasmus + project during the courses 2017-2018 and 2018-2019. It has been an unforgettable week thanks to the work on migrations that our Erasmus + students have carried out with great enthusiasm and also to keep working and growing in knowledge.

During the week of February 16th to 23rd we have been working on the pilgrimages to Santiago that million of pilgrims have made throughout history.

On Sunday 18th we travelled the road " Camino " from Corcubión to the lighthouse of Finisterre accompanied by two teachers from our school Angela, a wonderful guide and Javier a great bagpiper who entertained us with his bagpipe songs. In Finisterre we got to know first-hand the lives of two migrant women who have moved us.

On Monday, our students played the role of actors interpreting different characters of the history linked to Santiago and thus show our city in a more realistic and fun way.

On Wednesday we focused more on our fishing industry and visited the canning Friscos in the village of Catoira and the tuna canning process. We didn´t miss the West Towers of great importance in the defense against Viking invasions. We also took a boat trip along the Ria de Arosa to learn how the mussels are raised in ropes tied up on wooden platforms on the sea. In the afternoon we visited the old fishing village of Combarro and listened stories of emigrants from the 19th and 20th centuries linked to the families of students present there .

It was wonderful to see our students work during the day on Tuesday and Thursday with their European colleagues using a common language, English, to design their projects to present the work at the end of the morning on Thursday.

We want to thank all the teachers of the different departments for their collaboration, the school choir for putting a majestic finishing touch, the families for their generosity and welcome, the administration and services staff for their help and the constant support of the management team.

In short, we are very grateful. But this is not over yet, we continue with the project so you will have more news about the Erasmus group

will have more news about the Erasmus team"