Ensaio Erasmus +

Ola, moi boas: que gran día de traballo para as rapazas e rapaces do grupo ERASMUS. Como podedes apreciar nas fotos, nove profesoras dos departamentos de linguas (Rosa, Sara, Laura, Antonieta, Rebeca, Mari Carmen, Ángela), xeografía (Inés) e educación física (Marga) axudáronlle a ensaiar os seus papeis na guía dramatizada que están preparando para os nosos invitadas e invitados polacos, franceses e alemáns.

Foi estupendo ver como se van metendo nos seus personaxes e intentando traballar os seus textos, que, ao ser en inglés, faino todo un pouquiño máis difícil.

Seguimos traballando para preparar esa gran semana europea en Santiago. Será en febreiro, cada vez máis preto.

Moitas grazas ás profesoras que fixeron que este día de traballo fora posible"

Máis fotos na galería


What a great day in our Erasmus group meeting! Our boys and girls have received a very important help: nine teachers from the Languages Department (Rosa, Sara, Laura, Antonieta, Rebeca, Mari Carmen, Ángela), Geography Department (Inés) and Physical Education Department (Marga) have assisted them to prepare their performances. Each teacher worked with two or three of our boys and girls to carry out the character they have to play during the City Tour which they will do in February, when we will receive our Europeans friends visit.

We follow working to prepare the February meeting.

Thank you very much to the nine teachers who made possible this nice work day