Mellores expedientes 2018

O mércores 4 de Xullo tivo lugar, no Palacio de Congresos, a entrega dos premios aos mellores expedientes de bacharelato. Esta distinción concédea a Universidade de Santiago de Compostela aos alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato cunha nota media superior a 9 despois da fase xeral da Selectividade.

Este ano foron galardonados 8 dos nosos alumnos! Felicitacións a Judyth, Paula, Laura, Paula, Carmen, Iria, Elena e Álvaro!!